Onte celebrouse en Renedo (Piélagos, Cantabria) a 143.ª edición do Concurso de Raza Frisona San Antonio 2018, onde o xuíz catalán Pol Collell nomeou vaca gran campiona á femia da imaxe, Llinde Ariel Jordan, presentada pola SAT Ceceño (Valdáliga), unha vaca que ven de gañar os dous últimos certames cántabros, o de Treceño e o de Galizano. O título de xovenca gran campiona recaeu na xata Cudaña Areneta Jacoby, de Cudaña (Valdáliga), mentres que o premio ao mellor rabaño foi para SAT Ceceño. No certame, organizado por Afca, participaron 105 animais procedentes de 27 ganderías da zona.
Foto: Afca