Llinde Ariel Jordan revalida o seu título tamén en Renedo

Onte celebrouse en Renedo (Piélagos, Cantabria) a 144.ª edición do Concurso de Raza Frisona San Antonio 2019, onde o xuíz catalán Jaume Serrabassa escolleu como vaca gran campiona á femia da imaxe, Llinde Ariel Jordan, presentada pola SAT Ceceño (Valdáliga), unha vaca que xa fora gañadora deste certame o ano pasado e que viña de gañar o concurso de Treceño.

O título de xovenca gran campiona recaeu na xovenca Gloria Brady Albis, de Gloria Holstein (Valdáliga). A xata campiona foi Cudaña Amok Solomon, de Cudaña (Valdáliga), gandería que tamén conseguiu o premio ao mellor rabaño.

No certame, organizado por Afca, participaron 100 animais procedentes de 24 ganderías da zona.ç