Llinde Ariel Jordan gana de novo en Treceño

A localidade cántabra de Treceño celebrou esta mañá o Concurso da Raza Frisona San Bernabé. O xuíz Roberto Saiz escolleu como vaca gran campiona a Llinde Ariel Jordan, da SAT Ceceño, unha vaca que xa gañara a anterior edición deste certame . O título de gran campiona de xovencas foi para Cudaña Amy Byway, de Palacio Holstein.

Foto: Afca