Llanera celebrará a súa I Poxa de Gando Vacún o 11 de agosto

Llanera celebrará a súa I Poxa de Gando Vacún o 11 de agosto

O programa do Concurso-Exposición de Gando Vacún de Llanera conta, como novidade, coa primeira Poxa de Gando Vacún do concello que terá lugar o sábado 11 de agosto a última hora da tarde.

O recinto feiral de Llanera será o escenario deste evento, organizado polo Concello da localidade, no que como adiantou o alcalde, Gerardo Sanz: "Apostaremos pola calidade morfolóxica e polas máximas garantías sanitarias".

Está a levarse a cabo a selección dos animais que serán poxados e xa hai confirmado un  bo número de reses, por exemplo Precioso, fillo de Preciosa, a Campiona Nacional de Culona. Tamén se porá á venda unha parella de bois e, desta categoría, outras dúas reses.

O alcalde insistiu en que "queremos animais de explotación, que sexan o resultado de anos de selección xenética. Imos ir a poucos, apostando pola calidade e non por ter un gran número de animais. Para nós, esta poxa é un plus que queremos dar aos nosos gandeiros".