Lely volve aos directos web de Vaca TV

Durante o mes de outubro os Seminarios Web de Vaca TV contarán de novo coa participación do equipo de Lely, e farano ademais por partida dobre. A primeira cita será o vindeiro mércores 7 de outubro, a partir das 12:30 horas. Nesta conexión, Alberto Sánchez, de Lely Center Los Corrales, falará do traballo desta empresa con asesores externos.

O directo poderá seguirse dende a nosa páxina de Facebook e dende a sección de TV de vacapinta.com.