Achegámonos ao CIAM para coñecer dous proxectos de investigación ben curiosos sobre as bondades e as vantaxes que nos poden ofrecer os trevos. Ademais de boa sorte, os trevos de catro follas poden garantir, segundo o seu investigador Julio López, do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), maior produción e tamén máis proteína.