A través dunha carta enviada ás comunidades autónomas, o Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación recoméndalles ás autoridades competentes das autonomías que manteñan o control poboacional de xabaríns, debido aos problemas causados pola súa proliferación nas explotacións agrícolas.
Na misiva sinálase que o mantemento da devandita actividade, no contexto do Real Decreto 463/2020, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, ten como finalidade evitar o risco de propagación de enfermidades animais, así como previr os danos que poden ocasionarlles os xabaríns ás producións agrícolas ou gandeiras.
O control da poboación de xabaríns forma parte das actividades necesarias para manter o estatuto sanitario do rabaño gandeiro e como medida de prevención da Peste Porcina Africana (PPA). As autoridades competentes das autonomías deben establecer a mellor forma de levar a cabo o control de poboacións destes animais e tendo sempre en conta a necesidade de adoptar as medidas de prevención necesarias para evitar o contaxio do COVID-19.