FALANDO CLARO

As bebidas vexetais non son leite

As bebidas vexetais non son leite

A Interprofesional Láctea (Inlac) acaba de publicar unha nova infografía coa que pretende ilustrar de maneira sinxela as claras diferenzas entre o leite e as bebidas vexetais. Nela, explícase a orixe de ambos os produtos, destacando a única orixe do leite (o animal) fronte ao das bebidas vexetais, que son extractos líquidos de cereais, legumes ou froitos secos.

Expóñense tamén as principais diferenzas nutricionais, destacando o leite e os produtos lácteos como un dos alicerces nutricionais indubidables da nosa alimentación en todas as idades. Desta maneira, mentres que, por exemplo, o calcio, a principal fonte deste nutriente na nosa alimentación, está presente no leite e nos produtos lácteos de maneira natural, no caso das bebidas vexetais non é así.

O QUE DI A UNIÓN EUROPEA

A infografía inclúe, así mesmo, a sentenza da Unión Europea en relación con este tema, na que se expresa de forma inequívoca que se “entenderá por leite exclusivamente a secreción mamaria normal obtida a partir dun ou máis muxidos, sen ningún tipo de adición nin extracción”. Tamén define os produtos lácteos como “aqueles derivados exclusivamente do leite, podendo engadirse as sustancias necesarias para a súa fabricación”. Por todo isto, “non se poderán utilizar, en relación a produtos distintos dos indicados, ningunha etiqueta, documento comercial, material publicitario nin ningunha forma de publicidade ou de presentación que indique, implique ou suxira que tal produto é un produto lácteo”.

Ver infografía completa