COVID-19

A Xunta aproba novas medidas para a actividade agrogandeira durante o estado de alarma sanitaria

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha orde da Consellería do Medio Rural pola que adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co Covid-19. A disposición céntrase na venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados que se realizan nos concellos, na venda ao por menor de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais e no desprazamento de agricultores e viticultores para os efectos da realización de actividades agrarias.