A tiraxe de Vaca Pinta, certificada oficialmente por PGD

A tiraxe de Vaca Pinta, certificada oficialmente por PGD

Cada número da revista Vaca Pinta conta cunha tiraxe media de 17.353 exemplares que se distribúen por toda a xeografía española, unha cifra que xa podemos certificar oficialmente grazas ao control levado a cabo pola empresa Información y Control de Publicaciones SA, encargada de realizar as auditorías de audiencia OJD, para medios de pago, e PGD, para medios gratuítos.

Só dúas revistas do noso sector posúen esta certificación e unha delas é Vaca Pinta, así o podes consultar buscando polo nome da publicación na web https://www.ojd.es/buscador/#

Deixamos á túa disposición o informe anual PGD de Vaca Pinta correspondente ao ano 2018