O municipio lucense de Chantada celebrou esta mañá unha nova edición da súa poxa de gando vacún leiteiro organizada por Africor Lugo. Nesta ocasión, o animal que acadou o prezo de venda máis elevado (imaxe sobre estas liñas) foi unha filla de Torrel de segundo parto propiedade da explotación Carballo de Baixo (Sarria) que foi vendida á gandería Pena Guisande (O Páramo) por 3.450 €. Vendéronse 19 dos 20 animais sacados a poxa. O prezo medio foi de 2.134 euros e o volume de negocio ascendeu aos 40.550 euros.