A SGPF celebrará a súa IV Reunión de Primavera os días 27 e 28 de abril

A SGPF celebrará a súa IV Reunión de Primavera os días 27 e 28 de abril

O encontro organizado pola Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) centrarase este ano en diversas iniciativas de investigación colaborativa para a produción de leite e carne de vacún en Galicia.

As conferencias do venres 27 terán lugar no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e porán o foco na produción de leite. O sábado 28 a reunión trasladarase á Finca Experimental Marco da Curra, onde se abordarán varias investigacións en produción de carne de vacún na zona de montaña.

A asistencia á Reunión é gratuíta, pero si é necesario inscribirse e reservar o xantar antes do luns 23 abril (inclusive). Podedes anotarvos a través do enderezo electrónico sgpf.galicia@gmail.com ou nos teléfonos 686 620 154 ou 619 032 791.

Programa completo en PDF