A Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo celebrou o día 18 de abril a segunda xornada do ciclo “Aterra!: O teu futuro no agro”, na que se abordou, como na primeira ocasión, o gran potencial que as unidades de produción agraria teñen para constituírse nunha saída profesional para o alumnado do Campus Terra.
Organizada conxuntamente polo Grupo de Innovación Docente Ruralia e polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo, contou coa participación de Marcos Vázquez, presidente do COITA de Lugo, e de Ermitas Rodríguez, produtora de cordeiro e cabrito.
O vídeo completo da xornada xa está dispoñible na nosa sección de TV.