A Reunión de Primavera da SGPF, en vídeo

A sección de tv da nosa web acábase de actualizar cos vídeos da Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, celebrada os días 10 e 11 de maio en Mazaricos (A Coruña).

Os encargados dos relatorios foron César Resch, Gonzalo Flores, Adrián Botana, Juan Castro e Santiago Crecente, do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM); Ángel Rivas, de Casa Codesal, e o xornalista Xoán Ramón Alvite.