A vindeira edición da Moexmu acollerá oconcurso autonómico da raza frisona

A vindeira edición da Moexmu acollerá oconcurso autonómico da raza frisona

Este sábado tivo lugar en Muimenta unha xuntanza de traballo da comisión organizadora da MOEXMU cos gandeiros participantes no Concurso Autonómico da Raza Frisona, que se celebrará os días 10, 11 e 12 de abril de 2026.

Como principal novidade, confirmouse que a MOEXMU volverá acoller por segunda vez este certame autonómico, consolidando así a feira de Muimenta como un referente no calendario gandeiro galego. A primeira edición do concurso na provincia de Lugo tivo lugar en Muimenta no ano 2022.

Na reunión participaron representantes de AFRICOR Lugo, do Concello de Cospeito, de Xenética Fontao e a conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia, María José Gómez. 

Durante o encontro abordáronse cuestións técnicas relativas á organización do certame e acordouse que a poxa de gando se celebre o domingo 12 pola mañá, xa que a xornada do sábado estará dedicada íntegramente ao concurso autonómico.

A MOEXMU continúa así a súa traxectoria de apoio ao sector gandeiro galego, reforzando o seu papel como punto de encontro e escaparate de referencia para a gandería de Galicia.