A OPL amosa o seu descontento polo trato de Nestlé aos seus gandeiros

Nun novo comunicado, a Organización de Produtores de Leite (OPL) fixo público o seu descontento coa falta de diálogo existente entre Nestlé e os seus gandeiros á hora de negociar os contratos. “Non sabemos para que fan precontratos, saben que non poderemos dicir nada e non temos forma de facerlles ver a importancia de cobrar uns míseros euros máis para poder facer seguir vivos os nosos negocios”, critican.

“Moitas empresas defráudannos, pero en especial, fano as que consideramos empresas de renome. Entre elas incluímos a Nestlé, unha das industrias alimentarias máis grandes do mundo e á que se entende como unha empresa seria”, expresou o presidente de OPL, José Alberto Martín.

Así mesmo, desde a organización advirten á filial española da multinacional suíza que, de seguir así, terminarán por desprestixiar completamente a súa marca entre os gandeiros, a cal, apuntan, sempre trataron co respecto que lles merecía esta gran empresa.

Comunicado completo