A organización da XLII Mostra e Exposición de Muimenta (Moexmu) vén de presentar a cartelería oficial da edición de 2026, que se celebrará os días 10, 11 e 12 de abril. Tanto o cartel xeral da feira como o deseño específico do Concurso de Gando Frisón son obra, un ano máis, de Paula Francos Anllo, veciña de Muimenta.
A presentación de ambos os carteis chega nun ano especialmente significativo para a cita gandeira, xa que, como principal novidade, a Moexmu volverá acoller por segunda vez o certame frisón autonómico, consolidándose como un referente no calendario gandeiro galego. A primeira edición desto concurso na provincia de Lugo tivo lugar precisamente en Muimenta, en 2022.
A programación axustarase a este protagonismo do concurso: a xornada do sábado estará dedicada integramente á competición, mentres que a poxa de gando se celebrará o domingo 12 pola mañá. Ademais, o pregón correrá a cargo de César Álvarez Fernández, presidente da Fundación de Mostras de Vegadeo e alcalde deste municipio asturiano, un recoñecemento expreso dos organizadores do evento a unha feira considerada referencia no sector.