A Asociación para o Control Leiteiro Africor Coruña presenta a súa Memoria de actividades, na que sintetiza o labor realizado pola Asociación en 2018.
O libro recompila, entre outra moita información, os servizos que lles ofrecen aos seus asociados, as actividades levadas a cabo, os datos do control leiteiro e os méritos das principais ganderías no seu labor como criadores e produtores de leite da provincia.
Cabe destacar que nesta edición as primeiras páxinas están dedicadas a José Moreira Pardiñas, quen foi durante 25 anos director técnico da Asociación e faleceu inesperadamente a finais de 2018.