Zoetis celebrou en Soto del Barco (Asturias), coa colaboración do seu distribuidor na zona Comercial Veterinaria Llanera, unha xornada sobre o uso racional de antibióticos e a calidade do leite. Os vídeos de todos os relatorios xa están dispoñibles na nosa sección de tv.
Abriu a rolda de intervencións o veterinario de Zoetis Juan A. Latorre para falar sobre a produción de leite de calidade. Seguiulle Nacho Péon, dos servizos técnicos da empresa, disertando sobre os criterios e o desenvolvemento de novas formas para o uso racional de antibióticos.
Seguidamente o xefe de calidade de leite de Seragro, Carlos Noya, tentou dar resposta á pregunta: Secamos ben as nosas vacas? e, para pechar o encontro, Nacho Peón explicou como abordar as mamites clínicas e o secado nesta nova situación de uso racional de antibióticos.