A xornada técnica sobre mellor do manexo celebrada en Agolada, xa en vídeo

A asociación O Parapeto, en colaboración co Concello de Agolada e Africor Pontevedra, organizou nesta localidade unha xornada titulada “A mellora no manexo do gando bovino de leite e de carne”. O programa incluíu unha charla sobre a importancia do benestar da recría a cargo de David Otero (Nanta), outra sobre como traballar co vacún leiteiro sen usar antibióticos que deu José Taboada (Allfeed) e unha explicación dos resultados e novidades do programa xenómico por parte de José Antonio Jiménez (Conafe).

Os vídeos das súas conferencias están dispoñibles na nosa sección de tv.