O 18 de outubro, Delagro Sociedade Cooperativa, en colaboración con Boehringer Ingelheim, organizou nas súas instalacións das Pontes unha xornada formativa na que reuniu a preto dunha vintena de veterinarios de Galicia, Asturias e Cantabria.
Na primeira intervención, a cargo de Cristina Muñoz (xefa de servizo de AEMPS), falouse sobre o Plan Nacional de Uso Responsable de Antibióticos e a implicación do veterinario na prescrición dos mesmos. Muñoz repasou os logros obtidos ata ode agora nas diferentes especies de gandería e deu unhas pinceladas sobre as bases do novo plan que se instaurará en España o próximo ano.
A continuación, José Manuel Peláez (Delagro) abordou o consumo dos antibióticos e a redución do seu uso nos asociados do propio grupo Delagro.
Na última charla, Manolo Cerviño (Boehringer Ingelheim) subliñou a importancia da inmunidade de mucosas nos primeiros días de vida para a protección do xato e presentou aos asistentes a nova vacina Bovalto Respi Intranasal, que prevén fronte a dous dos virus máis importantes de entre os axentes etiolóxicos da Síndrome Respiratoria Bovina (SRB).