A Organización Interprofesional Láctea (INLAC) estrea nova web corporativa, que lle permitirá ao usuario navegar de forma fluída polas súas diferentes seccións e acceder a información de máximo interese sectorial. Nela pódese atopar información sobre que é INLAC, a súa estrutura organizativa, financiamento e principais liñas de traballo nos ámbitos da promoción e a comunicación, vertebración sectorial, I+D+i e xestión da cadea. Un apartado sobre nutrición e saúde contén, de igual forma, información sobre o leite e os produtos lácteos desde unha perspectiva científica e médica, composición nutricional, beneficios destes e as diferenzas existentes entre o leite e as bebidas vexetais.
A nova plataforma, máis accesible e dinámica, inclúe así mesmo detallada información sobre o proxecto cofinanciado pola UE, ‘Sumate á Xeración láctea’, que lembra a importancia de consumir produtos lácteos en todas as idades; o proxecto ‘3AlDía’, campaña cun enfoque de promoción do produto español e de valorización do sector; e o proxecto’É Queixo’.
Máis información no comunicado da INLAC