A FVE e MSD Animal Health traballan xuntos no VetSurvey 2018

A FVE e MSD Animal Health traballan xuntos no VetSurvey 2018

A Federación de Veterinarios de Europa (FVE) e MSD Animal Health están a promover o estudo VetSurvey 2018. Trátase dunha enquisa, cuxo prazo de participación pecha o luns 11 de marzo, coa que a FVE poderá coñecer a situación real dos profesionais en España e Europa para mellorar as súas condicións.

O obxectivo desta iniciativa é avaliar exhaustivamente aspectos de importancia capital para os veterinarios e elaborar estatísticas sobre demografía, mercado laboral e indicadores financeiros que permitan comprender a situación actual da profesión para desenvolver as accións que axuden a mellorar a práctica diaria.

Contesta aquí á enquisa