A forza da xuventude no rural, foco da segunda xornada Incorpórate!

A forza da xuventude no rural, foco da segunda xornada Incorpórate!

A xornada Incorpórate!, organizada por AGACA e Obra Social “La Caixa” por segundo ano consecutivo, para promover a inserción laboral de persoas mozas en profesións agrogandeiras de zonas rurais tivo lugar esta mañá en Santiago de Compostela con gran éxito de público. Congregou a un cento de persoas, entre estudantes de escolas agrarias e mozos traballadores do sector.

Expuxéronse as experiencias reais de distintos proxectos que se manteñen con éxito nos sectores gandeiro e agrícola e o actor e director, Rubén Riós, enfatizou a necesidade de sentirse orgullosos de formar parte do medio rural galego.

Cinco integrantes da Comisión Xuventude Cooperativista Emprendedora, órgano creado dende AGACA co fin de dar voz e visibilidade á realidade dos mozos e mozas do rural galego, relataron as súas experiencias e fixéronlle entrega dun documento coas necesidades do sector á conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez.

Más información en la nota de prensa difundida por los organizadores.