A feira de gando frisón Usías Holsteins continúa adiante en versión dixital

Malia as restricións que implementou recentemente o goberno andaluz, a organización da feira de gando Usías Holsteins que se celebra cada ano nos Pedroches (Dos Torres, Córdoba) conseguiu salvar as distancias para poder sacar finalmente adiante a edición de 2020.

XORNADAS TÉCNICAS EN FORMATO WEBINARIO

Este venres 13 de novembro terán lugar as III Xornadas Técnicas “Usías Holsteins”. Tras a inauguración, prevista para as 12:00 horas, intervirán o veterinario José María Sánchez (INIA), que falará sobre o uso da biotecnoloxía da reprodución en vacún de leite; Francisco Maroto, doutor enxeñeiro agrónomo da UCO, que abordará as tecnoloxías de precisión para recría e vacas secas; e, por último, Ane Rodríguez, doutora en comportamento e benestar en animais de explotación, que presentará unha exposición sobre comportamento vacún.

Inscripcións para as asistir ás xornadas virtuais nesta ligazón
Ver programa completo das xornadas

CONCURSO DE GANDO FRISÓN EN DIRECTO

A XIII edición do Concurso de Gando Frisón Usías Holsteins de Dos Torres terá lugar este sábado 14 de novembro, desde as 12:00 horas. Os animais serán avaliados polo xuíz barcelonés Pol Collell.

Desde vacapinta.com poderedes seguir en directo tanto as xornadas técnicas como o concurso de gando.