A EFA Fonteboa presenta o seu programa de actividades de formación continua para o que resta de ano

O Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa (Coristanco, A Coruña) remata o ano cunha programación intensa e variada que inclúe cursos formativos no ámbito da gandería de vacún e agrícola, actividades de micoloxía, de apicultura e mesmo unha semana da solidariedade na que se desenvolverán actividades sobre concienciación solidaria para dar resposta ás necesidades sociais.

Na área de vacún leiteiro, o mércores 16 de decembro terá lugar unha nova edición da Xornada de Xestión de Vacún Leiteiro, cuxo tema será este ano o de “Esixencias para a sustentabilidade da produción láctea no horizonte 2030”.

Programa completo