A EFA Fonteboa organiza un curso de transformación de produtos lácteos

Os obxectivos desta acción formativa, que se desenvolverá do 18 ao 22 de febreiro no CEFA Pedro Murias de Ribadeo (Lugo), son coñecer os procesos de elaboración dos produtos lácteos transformados, valorizar o leite líquido nun produto diferenciado e descubrir as potencialidades do noso leite.

O curso, ao que asisten alumnos de primeiro curso do ciclo formativo de grao superior de Gandería e Asistencia en Sanidade Animal, dispón dalgunhas prazas para profesionais do sector. O custo da inscrición é de 195 euros e inclúe aloxamento e almorzo. Pódese facer no teléfono 981 733 051 ou a través do enderezo electrónico inscricion@efagalicia.org.

Máis información