A Asociación da Raza Parda lanza proxecto europeo de promoción

A Asociación da Raza Parda lanza proxecto europeo de promoción

Como parte das novas accións para promocionar a raza parda, a Federación Europea Brown Swiss acaba de presentar o seu novo logotipo. “Como resultado dun desexo común de fortalecérmonos xuntos, en beneficio da raza e os seus criadores en toda Europa, este logotipo representa unha mensaxe única da raza. Porque de norte a sur e de leste a oeste, todos criamos Brown Swiss coa mesma paixón e os mesmos obxectivos económicos e ambientais”, destacaron desde a federación.

As súas producións, as súas porcentaxes de graxa e proteína, a súa robustez e adaptabilidade e a súa facilidade de manexo son algunhas das características que destacan desta raza vacúa.

Dende a matriz española desta asociación xa adiantaron que nos próximos meses continuarán compartindo información respecto das seguintes medidas de promoción que planean levar a cabo con esta raza.