KWS Semillas Ibérica realizará un Día de Campo Virtual en directo cos seus mellores especialistas

O vindeiro xoves, 4 de xuño, ás 20:00 horas, KWS Semillas Ibérica emitirá a través das súas redes sociais e o seu perfil de YouTube un Día de Campo Virtual en directo.

Adaptándose á nova situación e buscando solucións para manter informados os agricultores das últimas novidades e avances, KWS realizará un webinar, que será coordinado polo seu Country Manager en España, Santiago Felizia.

Os seminarios correrán a cargo de Javier Fortes, Agroservice de remolacha azucreira e Alfonso Martín, Agroservice de cereais e colza. Os participantes poderán realizar preguntas en directo, a través das plataformas dixitais, que os especialistas responderán tras as súas charlas. O obxectivo é lograr a maior interactividade posible para  poder axudar e resolver todas as dúbidas que se presenten.

Links para poder seguir o webinar en directo:

YouTube: https://youtu.be/-lwM8WoaLew

Facebook: https://www.facebook.com/KWSSemillasIberica/live

Instagram: https://www.instagram.com/kwssemillas/