José Luis Benedito, novo presidente do Colexio de Veterinarios de Lugo

Tras as eleccións deste martes 11 de agosto, o Colexio de Veterinarios de Lugo comunicou que a candidatura gañadora foi a presidida por José Luis Benedito Castellote, con 286 votos, fronte aos 124 que obtivo a outra candidatura presentada por Juan Carlos Castro Lage.

Benedito Castellote, catedrático de Medicina e Cirurxía Animal da Universidade de Santiago de Compostela, substituirá á fronte do Colexio á anterior presidenta, Ana María López Pombo.

En canto ao resto de cargos da nova Xunta do Colexio de Lugo, Adriana Méndez Martínez ocupará a secretaría e os cinco vogais serán Rodrigo Muíño Otero, María del Camino Ferrero Otero, Cristina Márquez Lombao, José Antonio Fernández García e José María Viana Ferreiro.

Foto: El Progreso