A remodelación do Goberno da Xunta de Galicia afecta á Consellería do Medio Rural. A anterior titular desta área, Ángeles Vázquez, será agora conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e será substituída por José González Vázquez.
Este deputado, nacido en Ourense en 1970, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, inspector de Facenda dende 1997 e, ademais, profesor asociado de Dereito Financeiro na Universidade de Vigo.
José González é deputado do Parlamento de Galicia dende 2016 e dende esta data desenvolveu diferentes función como portavoz de Medio Rural no grupo parlamentario popular; membro da Comisión 7.ª de Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes; da Comisión 3.ª de Economía, Facenda e Orzamentos; vicepresidente da Comisión Permanente non lexislativa para as relacións co Consello de Contas e miembro da Comisión Especial para as reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan forestal de Galicia.