Xornada sobre sementeira do millo en Curtis

A SAT A Campa, en Curtis (A Coruña), acollerá o vindeiro venres 26 de abril unha xornada técnica sobre sementeira de millo avanzada, organizada por Monosem, Pioneer, Agrícola Curtis e Xesga.

Presentarase a aplicación dixital de Pioneer para as prescricións de sementeira e fertilización variable, o GPS Claas S10 para mapeado de fincas, a sementeira variable con Monosem Extenser 8 filas eléctrica e o abonado variable con Sulky DX-30 con GPS, Stop&Go e corte por tramos.