Xornada sobre ferramentas para a mobilidade da terra en Lugo

Xornada sobre ferramentas para a mobilidade da terra en Lugo

O xoves 25 de outubro o edificio Cactus do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela acollerá unha sesión técnica sobre ferramentas para a mobilidade da terra en Galicia.

Durante a xornada, que dará comezo ás 10.00 horas e se prolongará ata as 19.00 horas, abordaranse temas como as necesidades da base territorial, a reestruturación parcelaria, as permutas e os bancos de terras, e presentaranse diversos proxectos pilotos relacionados como o Mobilízate ou o Proxecto MARCOS.

Ver programa completo

Descargar solicitude de asistencia