Xornada sobre enerxías renovables e aforro enerxético nas explotacións en Meira

Xornada sobre enerxías renovables e aforro enerxético nas explotacións en Meira

Beealia e Bilega organizan este xoves 28 de febreiro na Casa da Cultura de Meira (Lugo) unha charla informativa sobre as oportunidades das ganderías de cara á xeración de enerxía con fontes renovables e o aforro enerxético. Terá lugar de de 15:00 h a 17:30 h.

Beealia, como entidade de Asesoramento e Xestión, e Bilega, como empresa especializada na xestión enerxética, colaborarán na achega de solucións específicas e adaptadas a cada gandería en función das súas necesidades e das posibilidades de xeración. Tamén se explicarán as axudas do INEGA á xeración de enerxía con fontes renovables e ao aforro enerxético nas ganderías.

Para poder revisar caso por caso recoméndase presentar as facturas dos últimos 12 meses para poder analizar o consumo e a tarificación eléctrica de cada gandería.

A entrada é libre pero cómpre inscribirse no 619032791 ou a través do correo contacto@beealia.com