O centro de formación EFA Fonteboa celebra este vindeiro mércores 19 de decembro unha xornada titulada `Comunicación e imaxe nas ganderías: retos e oportunidades´.
Participarán David Maceiras, xerente de Cusoviame SCG; Pilar Rodríguez, xefa de operacións de Central Lechera Asturiana; Roberto Villanueva e Lidia Iglesias, do CFGS Gandería e Asistencia en Sanidade Animal, e María Ramos, da SAT Os Agros.