Xornada en Lalín sobre produción de leite e pastoreo

A aula Uned de Lalín, no Polígono Industrial Lalín 2000, acollerá o próximo 13 de novembro a xornada técnica Produción de Leite mediante Pastoreo.

O encontro comezará ás 10:00 h e contará cos relatorios de César Resch, do CIAM; María Rey, de Agaca; Xan Pouliquen, de Xestión Agrogandeira e Natureza SL, e Eloi Villada, de SGPF.

Para finalizar terá lugar unha mesa redonda moderada por Julia Pérez, xefa do Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra.

Programa completo

Solicitud de inscripción