O auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo acollerá a tradicional xornada técnica anual sobre temas de actualidade do sector vacún leiteiro organizada pola Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos, Africor Lugo, e a revista técnica Vaca Pinta.
Os relatores desta edición poñerán o foco en temáticas coma o seguro de vacún en Galicia, o papel da vacinación no control da mamite, as estratexias ante o Cryptosoporidium, o deseño de instalacións para o robot de muxido e a remuda xeracional con experiencias de persoas mozas. Tamén se presentará o libro La guerra por la proteína animal da man de Juan Pascual.
Ademais, en colaboración coa Facultade de Veterinaria, Vaca Pinta outorgará os galardóns aos mellores Traballos de Fin de Grao presentados no curso académico 2024/2025 no ámbito do vacún.
PROGRAMA
10.15 h | Seguro de vacún en Galicia. Unha mellora constante — José Bernardo (Agroseguro)
10.45 h | Presentación do libro La guerra por la proteína animal — Juan Pascual
11.15 h | Pausa para o café
12.00 h | O papel da vacinación no control da mamite — Patricia de Celis (Gescal Veterinarios)
12.30 h | Do quebradizo de cabeza ao control: gañando a batalla ao Cryptosporidium — Laura Elvira (MSD Animal Health)
13.00 h | Deseño de instalacións para robot de muxido — Alberto Jurado (COVAP)
13:30 h | Presentación e entrega de premios aos mellores TFG sobre vacún
14.00 h | Comida
15.30 h | Campoastur Next: impulsar o relevo para transformar o futuro do campo — Rubén López (Campoastur) e Saúl González (SAT Xacalen y González)
16.15 h | Panel de experiencias sobre incorporación de mozos: Pablo Rodríguez (Ganadería Xuíz, Bóveda), Laura Camiño (Ganadería Castelo, A Pastoriza), Alberto Cascudo (Finca Carballeira, Castroverde), María Castro (Ganadería Portalousa, Xermade) e Mónica Requeijo (As Vacas dos Meus, Abadín).
Modera: Luís García (EFA Fonteboa)