CAMPAÑA PUBLICITARIA

Inlac lembra a importancia de consumir tres lácteos ao día

A Organización Interprofesional Láctea (Inlac) lanza hoxe unha campaña publicitaria baixo o lema “3 Lácteos ao Día” que lles lembra aos consumidores a importancia de consumir leite e produtos lácteos como fonte de nutrientes esenciais para o organismo, dentro dunha dieta variada e saudable.

A campaña incide, desde un punto de vista natural e optimista, nos beneficios que achega facer as “cousas que nos sentan ben”, uníndoos aos beneficios funcionais que proporcionan os lácteos.

Existe un amplo consenso entre a comunidade médica e científica, que coincide en apuntar a necesidade de consumir tres lácteos ao día en todas as idades, desde a nenez ata a terceira idade. Así, o recomendado é inxerir entre dúas e tres racións se falamos de nenos e adultos, e entre tres e catro no caso de mulleres embarazadas e lactantes, adolescentes, deportistas ou anciáns.

A campaña, que conta con dous anuncios que se emitirán en televisións de ámbito nacional e autonómico e que tamén  se difundirá en redes sociais, prolongarase ata o 3 de outubro para promover o consumo nacional de leite e produtos lácteos. Ademais, estará apoiada por plan para pór en valor o traballo dos gandeiros como base da cadea láctea.

Comunicado de prensa completo