Enxeñería agícola e profesionais do desenvolvemento local acordan impulsar o emprendemento rural

Enxeñería agícola e profesionais do desenvolvemento local acordan impulsar o emprendemento rural

O Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de España e as principais entidades representativas dos profesionais do desenvolvemento local estableceron unha alianza para mellorar a xestión do territorio rural.

O obxectivo deste pacto é fortalecer as Axencias de Desenvolvemento Local (ADL) e optimizar o seu papel como facilitadoras do emprendemento, ao tempo que se lle outorga maior importancia ao labor técnico na planificación e ordenación do territorio.

Ademais do Consello de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas, forman parte desta iniciativa a Federación Estatal de Profesionais do Desenvolvemento Local (Feprodel), a Asociación de Profesionais do Desenvolvemento Local e Promoción Económica de Castela-A Mancha (Aprodel) e a Asociación Finisterrae de Desenvolvemento Local de Galicia (Afiprodel).

Marcos Vázquez Marey, coordinador desta alianza, destaca que “as persoas emprendedoras no medio rural atópanse con normativas que, en moitos casos, non responden á realidade do territorio e que tan ben coñecemos os enxeñeiros agrícolas. Este pacto pretende que os profesionais das ADL teñan maior peso e poidan achegar o seu coñecemento na ordenación do solo e na planificación urbanística”.

A próxima xuntanza de traballo dos representantes das entidades participantes terá lugar o 12 de xuño na sede do Consello Xeral de Colexios de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas, en Madrid.