Inauguradas as novas instalacións de Larsa en Outeiro de Rei

Inauguradas as novas instalacións de Larsa en Outeiro de Rei

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, inaugurou esta mañá a recentemente renovada planta que posúe a compañía láctea Larsa en Outeiro de Rei (Lugo). Na visita ás instalacións estivo acompañado, entre outros, por José Armando Tellado, director xeral de Capsa Food, e José González, conselleiro do Medio Rural.

Dende Larsa, destacan que nos últimos tres anos se investiron máis de 25 millóns de euros nas fábricas de Lugo e Villagarcía de Arousa, dos cales 17 millóns se corresponden coa remodelación da planta do municipio lucense.