Inaugurada unha nova edición do Máster en Produción de Leite da USC

Inaugurada unha nova edición do Máster en Produción de Leite da USC

O director do Máster en Produción de Leite da Universidade de Santiago de Compostela, José Manuel Pereira, foi o encargado de inaugurar o curso 2018-2019 esta mañá na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo.

Estivo acompañado polo deputado provincial de Goberno Interior e Relacións Institucionais, Álvaro Santos; a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel; o director da EPS de Lugo, Tomás Cuesta, e o director do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL), Roberto Lorenzana. 

Este ano serán un total de doce alumnos os que reciban esta formación especializada en produción leiteira, aos que se sumarán dous máis nos módulos específicos de alimentación e economía das explotacións.