Inaugurada en Vimianzo Os Loureiros, unha gandería con tecnoloxía punteira en sostibilidade

Esta mañá inaugurouse en Vimianzo (A Coruña) unha das explotacións máis punteiras en tecnoloxía de Galicia. Con máis de 900 cabezas de gando, unha sala de muxido rotativa de 50 puntos de GEA e un investimento de mais de 5 millóns de euros, a nova granxa está deseñada baixo os principios de eficiencia e sostibilidade, cos que os seus propietarios buscan a integración na contorna e tamén achegar desenvolvemento económico e social ao territorio.

No acto inaugural estiveron presentes a conselleira do Medio Rural, María José Gómez; o delegado do Goberno, Pedro Blanco; a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e a presidenta do Grupo Lence, Carmen Lence.

Ao acto asistiron máis de 300 persoas, entre as que se atopaban numerosos representantes do sector gandeiro de Galicia, axentes económicos locais, alcaldes da comarca e representantes das principais institucións da zona.