USÍAS HOLSTEINS 2020

H.Tobías Bradnick Mili revalida o seu título de vaca gran campiona Usías Holsteins

O XIII Concurso Morfolóxico de Vacún Frisón Usías Holsteins, que pasará á historia por celebrarse en formato virtual, remata coa proclamación de H.Tobías Bradnick Mili como vaca gran campiona por segundo ano consecutivo. Así o decidiu o xuíz do concurso, o barcelonés Pol Collell.

Mili é unha vaca de quinta lactación copropiedade de Huerta Los Tobías, de Dos Torres, e Alberto Medida (Asturias).

Podes volver ver os vídeos do concurso aquí.