Hipra presentou o pasado 19 de setembro no Parador de Santiago de Compostela ante un cento de veterinarios e profesionais do sector un novo medicamento preventivo contra as mastitis clínicas causadas por Streptococcus uberis.
Tras case 10 anos de investigación e desenvolvemento, a marca lanza ao mercado, por primeira vez a nivel internacional, unha vacina pioneira para tomar o control contra o Streptococcus uberis, un dos patóxenos cuxa prevalencia está a aumentar de maneira importante.
Durante o acto de presentación, participaron o veterinario e responsable de Servizos Técnicos e Marketing de Ruminantes en Hipra España, Pere Ordis; a responsable de análise de mostras de mamite no Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal), Belén Pombo; o veterinario e responsable técnico da vacina Startvac de Hipra en Sudamérica, Rafael Ortega, e o veterinario responsable do servizo técnico da área norte de España de Hipra Iván Mato.
Todos os relatorios e entrevistas xa están dispoñibles en vídeo na nosa sección de tv.