Gran festa en honor de Irmãos Rita Juror Laura para celebrar a súa maioría de idade

Gran festa en honor de Irmãos Rita Juror Laura para celebrar a súa maioría de idade

A illa azoriana de San Miguel conmemorou o pasado 4 de setembro un feito histórico: o 18.º aniversario dunha vaca de raza Holstein Frisia.

Propiedade da explotación Irmãos Rita, a vaca Irmãos Rita Juror Laura EX 90, filla do touro Juror e neta de Patron, é aos seus 18 anos un exemplo dunha enorme capacidade produtiva, lonxevidade e potencial xenético. Conta con 548 descendentes rexistrados que se estenden polas illas Azores, Portugal Continental e España.

Laura é unha vaca emblemática na rexión e no país. Produciu máis de 290 embrións viables e conta, en total, con 45 fillas e 17 fillos, dos cales resultaron 257 netos, 127 bisnetos, 87 trinetos e 15 quatrinetos.

A nivel produtivo e morfolóxico, Laura e os seus descendentes demostran admirables producións, lonxevidade e excelente conformación, calidades que se poñen de manifesto tanto nos concursos en que participan como nos rexistros de clasificación morfolóxica.

Con respecto aos concursos, as súas descendentes estiveron presentes en eventos rexionais, nacionais e internacionais, e alcanzaron clasificacións destacadas con vitorias en seccións e incluso gañando concursos en clases novas, con títulos de vaca nova campiona, xatas campiona nacional, xovenca campioca nacional e xovenca subcampioa internacional no Open de Frisón Gandagro 2017; en clases adultas tamén xa colleitaron varios títulos de campionas e gran campionas.

Respecto da clasificación morfolóxica, rexístrase o número notable desta vaca, posuír 15 descendentes coa clasificación excelente (7 animais EX 90, 3 EX 91, 3 EX 92 e 2 EX 93).

A frisona Laura transformouse nun animal especial na explotación dos Irmãos Rita e representa unha aposta na evolución xenética, sendo o símbolo do produtor persistente, resilente e afeccionado á boa xenética, que garante unha enorme satisfacción para os produtores.