Vaca Pinta, en colaboración con Holm & Laue, sortea 20 lotes de 4 cubos de alimentación para xatos entre todas as persoas que participen nunha enquisa sobre o coidado do embigo das xatas.
A enquisa, elaborada por persoal da Universidade de California, Davis, ten como obxectivo recompilar información sobre como se manexa o coidado do embigo en diferentes países, así como coñecer que factores de risco perciben os produtores en condicións reais de campo.
Desde a organización lembran que non existen respostas correctas ou incorrectas, xa que o interese principal é coñecer as prácticas habituais que se levan a cabo nas explotacións.
As persoas interesadas poden completar a enquisa directamente no formulario dispoñible baixo estas liñas.
Os resultados do sorteo daranse a coñecer proximamente a través da web e das redes sociais de Vaca Pinta.