H. Tobias AM Solomon Adena, copropiedade de Alberto Medina, Planillo Holstein e Huerta Los Tobías, acaba de proclamarse xovenca gran campioa do concurso Swiss Expo que se está celebrando en Xinebra.
O resto de animais da representación española están a obter bos resultados. A maiores da referida gran campiona, a gandería barcelonesa El Campgran tivo unha primeira de sección, con Campgran Kerincy Deman, e un terceiro posto. Cudaña Holstein tamén colocou a un dos seus animais como cuarto de sección.