Francisco Javier Freije, xuíz do XXXIX Concurso de Gando Frisón da Moexmu

A comisión organizadora da XLI edición da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu) continúa coas súas reunións de traballo e ultima o programa de actividades para os vindeiros 4, 5 e 6 de abril. O xuíz desta edición será Francisco Javier Freije, propietario de Casa Roxo en A Veiga (Asturias), unha explotación gandeira de carácter familiar, a segunda por ICO do Principado de Asturias.

A súa experiencia como xuíz é ampla. É xuíz nacional de Conafe en activo desde 2004, ano no que acudiu á Moexmu por primeira vez. Desde ese momento, xulgou numerosos concursos en España e Portugal. Tamén foi director técnico da XXXVII Escola de Xuíces Gandeiros, celebrada no Val dos Pedroches (Córdoba) en marzo de 2012, e da XXXIX Escola de Xuíces Gandeiros, que se desenvolveu en Cantabria en marzo de 2022.