A 15.ª edición da Feira Internacional para a Produción Animal (Figan) terá lugar do 7 ao 10 de setembro de 2021, en lugar do mes de marzo, tal e como estaba prevista. O comité organizador do certame, reunido virtualmente, valorou positivamente trasladar a súa celebración a unha data que considera “prudente” para garantir a seguridade de todos os participantes. Con esta medida búscase, ademais, apoiar e darlle visibilidade a un sector que non cesou a súa actividade e se converteu en imprescindible para a reactivación económica e social do país con motivo da pandemia.
No transcurso da reunión, os representantes das empresas que forman parte do comité subliñaron a importancia de trasladar a celebración á segunda metade do ano, a fin de ofrecer un marco seguro e que lles ofreza a maior rendibilidade aos profesionais. Pola súa banda, Feira de Zaragoza e Figan mostráronse proclives a analizar, conxuntamente con empresas, asociacións e institucións, o novo calendario a fin de que este sexa o máis beneficioso para o sector.
Máis información na nota de prensa emitida por Feira de Zaragoza