Fefriga recibe o Clúster de Leite de Akmola Oblast de Kazajistán

Fefriga recibe o Clúster de Leite de Akmola Oblast de Kazajistán

O Ministerio de Economía Nacional da República de Kazajistán traballa xunto coa consultora internacional INFYDE no proxecto “Small and Medium Enterprises Competitiveness in Kazakhstan”, que ten por obxectivo implementar a política de clúster nas rexións desta república.

Para iso, representantes do Instituto de Desenvolvemento da Industria de Kazajistán e do Clúster de Leite de Akmola Oblast visitaron os principais clústers e empresas europeas do sector lácteo para obter información sobre o seu traballo e aprender das súas experiencias.

Neste contexto, esta tarde visitaron a Federación Frisona Galega (Fefriga) para coñecer o funcionamento desta entidade e toda a súa actividade.